E non foi unha festa calquera, se non un Panamá-Cinema en toda regla, nada máis e nada menos. Dúas orquestras distintas, con estilos distintos e plantexamentos distintos.
Panamá é unha orquestra que aposta, na súa primeira hora, más menos, cun repertorio puramente de baile, con moita música caribeña de grupos afamados de esa rexión, Cuba, Venezuela, Colombia, etc. Metendo algún corrido, bachata e indo hacia unha música máis actual cara o final do seu primeiro pase, quizáis cun cambio que poida parecer repentino para alguns. Un segundo pase, con actualidade e algo de pop cara o final. Un repertorio con bastante caracter Panamá na primeira parte que se vai volvendo máis comercial.Para min o negativo desta orquestra, que ó mesmo tempo é o máis positivo (curioso, non?), é a dianteira. En canto a calidade é un derroche, con Yamil, Muchi, Richard (un dos descubrimentos, para min, dese día), e un Anxo moito mellor que o que vira a tempada anterior e unha Cristina, para meu gusto demasiado desaparecida. O negativo é a gran desconpensación, 4 rapaces e 1 rapaza. E a pouca importancia da figura feminina en toda a actuación, a nivel persoal prefiro dianteiras máis compensadas. O caso é ¿a cal dos rapaces quitas? difícil pregunta, por que os catro son espectaculares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario