O caso é que, con esa preciosa noite, dixen, por que non vou aló ás terras de máis ó norte e vemos a París. Pois aló que fun.Estaba facendo primeiro pase o trío Tribal, unha formación da zona, onde está a ex Galilea, Jennifer Ventura formando con Fátima Otero e Ñako na parte músical e tamén vocal. Un trío bastante bo, con moita música de actualidade arraxanda a baile e unha excelente conexión co público. Pegas, pois precisamente, demasiada música actual para un primeiro pase.
En canto á París, pois o de sempre, unha posta en escena impecable , voces soberbias, musicalmente perfecta. Para min mellorando o repertorio que tiña visto ata o de agora, metendo algo máis de baile, vexase os temas de Prince Royce arranxados ó máis puro estilo merengue clásico cun con moi persoal por parte de parís. Algo que me da moitas esperanzas de cara á presente tempada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario