venres, 17 de marzo de 2017

Ci-Ci-Cinema

Xunto con Panamá, nesa marabillosa noite de marzo, en Bemantes estaba a autodefinida como a máis agresiva de Galicia, Cinema.
Unha formación que eu destacaría pola súa marcada personalidade xuvenil. Un repertorio onde reina a actualidade arranxada a baile na maior parte do seu primeiro pase, iso si, cun son propio, notase que os arranxos son da súa colleita, non sonan a ningunha outra formación e moito menos a algunha canaria, o máis común nestes tempos que corren. Ese saxo de Barruso é unha gozada, sempre. 
En canto á plantilla, musicalmente moi boa, con moi bo rollo e sobre todo, se falamos de Cinema, falamos dos irmans Romero, que levan o cotarro de forma moi correcta. O que lle boto eu en falta á orquestra, é un maior protagonismo da parte feminina da formación, que por outra parte son tres rapazas do mellorciño que hai en Galicia agora mesmo. 
Se máis unha orquestra en crecemento continuo dende a chegada de Raúl e César e parece, que de momento non chegaron ó seu teito. De feito este ano esperan dar un salto ben grande no seu escenario. 

xoves, 16 de marzo de 2017

Venres de festa en Bemantes

Pois iso, o venres parecia o día do Carme. 27 gradazos, nada máis, nada menos, e de noite non che foi menos, estabase caralludamente, menos mal que cadrou haber unha festa das boas pola contorna para desfrutar da espectacular noite, se non chegaba a morrer.
E non foi unha festa calquera, se non un Panamá-Cinema en toda regla, nada máis e nada menos. Dúas orquestras distintas, con estilos distintos e plantexamentos distintos.
Panamá é unha orquestra que aposta, na súa primeira hora, más menos, cun repertorio puramente de baile, con moita música caribeña de grupos afamados de esa rexión, Cuba, Venezuela, Colombia, etc. Metendo algún corrido, bachata e indo hacia unha música máis actual cara o final do seu primeiro pase, quizáis cun cambio que poida parecer repentino para alguns. Un segundo pase, con actualidade e algo de pop cara o final. Un repertorio con bastante caracter Panamá na primeira parte que se vai volvendo máis comercial.
Para min o negativo desta orquestra, que ó mesmo tempo é o máis positivo (curioso, non?), é a dianteira. En canto a calidade é un derroche, con Yamil, Muchi, Richard (un dos descubrimentos, para min, dese día), e un Anxo moito mellor que o que vira a tempada anterior e unha Cristina, para meu gusto demasiado desaparecida. O negativo é a gran desconpensación, 4 rapaces e 1 rapaza. E a pouca importancia da figura feminina en toda a actuación, a nivel persoal prefiro dianteiras máis compensadas. O caso é ¿a cal dos rapaces quitas? difícil pregunta, por que os catro son espectaculares.
De todas a todas é unha orquestra que me gustou, polo énfasis da mesma a meter temas non escoitados na verbena e diferenciarse nun mundo tan homoxéneo.

xoves, 9 de marzo de 2017

A París en Espasante

Pois iso, viaxe a Espasante baixo unha choiva incesante e intermitente. Saín ahí das oito e cuarto da noite e chovia e cando cheguei á casa seguia chovendo, moi bonitiña a noite.
O caso é que, con esa preciosa noite, dixen, por que non vou aló ás terras de máis ó norte e vemos a París. Pois aló que fun.
Estaba facendo primeiro pase o trío Tribal, unha formación da zona, onde está a ex Galilea, Jennifer Ventura formando con Fátima Otero e Ñako na parte músical e tamén vocal. Un trío bastante bo, con moita música de actualidade arraxanda a baile e unha excelente conexión co público. Pegas, pois precisamente, demasiada música actual para un primeiro pase.
En canto á París, pois o de sempre, unha posta en escena impecable , voces soberbias, musicalmente perfecta. Para min mellorando o repertorio que tiña visto ata o de agora, metendo algo máis de baile, vexase os temas de Prince Royce arranxados ó máis puro estilo merengue clásico cun con moi persoal por parte de parís. Algo que me da moitas esperanzas de cara á presente tempada.
O que máis me gustou, estar tan preto da orquestra, facia anos que non estaba así de cerca. Todo gracias a ser un domingo e á choiva, que fai que a xente quede na casa, unha gozada.

luns, 6 de marzo de 2017

O entroido non para

A partires de agora quedar na casa un sábado empeza a ser un pecado mortal, o mundo comezase a mover e cada semana hay máis festas, o cal é un alivio ben grande.
Este sábado tocou coller o coche e ir contra ventos e augas continuas para ir ver a mindoniense Principal (si, incrible, unha orquestra que é da provincia de Lugo) ó Porto de Espasante.
A verdade e que ía con ganas a ver esta orquestra que facía 12 anos non vía, e a realidade foi contundente, encantoume, sen máis. Unha orquestra con alto nivel músical e vocal, cunha dianteira dinámica e divertida, un repertorio moi variado, de baile no primeiro pase e un segundo moito máis cañero, con todas as cancións de moda tanto deste 2017, como do 16, pero sempre adaptandose ó publico que tiñan diante de eles, algo que eu, a nivel persoal, valoro moito.
O resume é sinxelo, unha das orquestras que máis me demostrou neste inicio de curso e das que mellor sabor de boca me deixou.
A festa foi en carpa pechada, e menos mal!!!

sábado, 4 de marzo de 2017

De estrea en Betanzos

A tarde do martes antoxabase marabillosa, sol, ceo despexado e lonxe de nubes e unha temperatura máis que agradabel.
Así que con ese día perfecto zarpei rumbo a Betanzos para poder asistir a unha nova festa, esta vez sen o amparo da escuridade. E tocou ir ver a La Favorita, unha orquestra de estreo esta tempada.
Imos ó lio. La Favorita, unha orquestra nova, pero, con moito que dicir. Músicos novos, pero con experiencia na materia e de profesionalidade sobrada, fan sonar a orquestra de maneira moi correcta chegando a ser sorprendente a compenetración da que gozan en tan curto prazo dende a creación da orquestra. En canto á dianteira destaca, pola súa veteranía, Carlos Colmenares, acompañado por Manu Contre, Silvia Figaldo e Rafael Tancredi, todos eles con experiencia y, todo hai que dicilo, con moita calidade, que completan unha formación prometedora para esta tempada 2017.
Repertorio bailable, pero con moita actualidade arranxada, con sons moi canarios, pero ben levados. No final da festa que non falte Medina Azahara e Maná para ila rematando.
En fin, unha valoración positiva, ainda que non definitiva.
Por último, dicir que o seu escenario non é definitivo, según a dirección da orquestra, queda incluir novas tarimas moito más resultonas, unha pantalla LED e alguna elemento decorativo máis, así que non lle dedes moita importancia ó escenario, Á fin, o importante e que a orquestra funciona, e o martes en Betanzos, funcionou, ou polo menos eso dexou ver o público que alí estivo.

xoves, 2 de marzo de 2017

Navegando cara Ortigueira

Luns de Entroido, dez da noite e diluvio universal con furacán incluido. Ese é o mellor resumo dese día.
Foi unha xornada desapacible, e nin digamos a noite, vento e auga a montón, de camiño á festa que tocaba esa noite, houbo momentos de case parar os coches. Pero a min ningunha inclemencia me frea se xa teño plantexado algo na miña cachola. E o plan era ir ver a La Fórmula.
Por terceiro ano consecutivo, La Fórmula tivo cambios moi radicais e tiña ganas de vela pola xente nova que foi incorporando. Teño que recoñecer que a dianteira de este ano paréceme unha verdadeira gozada, todos teñen unha altísima calidade vocal e ademáis simpatía co público, Raul en especial, e quen pode poñer a orquestra sobre os seus hombros á hora da presentación do espectáculo. Unha dianteira dulce, pero agresiva e dinamica que pode chegar a ser unha referencia.
Musicalmente, cando falo da Fórmula que vin o outro día, vellenseme á mente os irmans Kindelan nos saxos, sen desmerecer unha plantilla moi prometedora, conformando alguns dos mellores músicos da verbena.
O punto que eu lle vexo a mellorar, e do que xa adolecia nas pasadas tempadas, e o repertorio, segue sendo un repertorio comercial, que sona ben (moi ben, de feito), pero sen demasiada personalidade, y con demasiadas similitudes con moitas outras orquestras. De todas a todas, a meirante parte era do ano pasado, e pode que segun vaian metendo temas novos, vaian pulindo un selo propio, ahí temos o popurri de OT.
En definitiva, pinta ben esta tempada, que pode ser a de cosolidación, ó fin, da Fórmula e de verdade o desexo.
P.D: Vídeos non houbo, por que nada estaba a favor ese día, carpa pechada, disfraces de 3 metros de altura, tarima de 20cm eeeeee a tarxeta da cámara na casa. Unha mágoa. Polo menos tocoume desfrutar enteiramente da festa e sobre de todo da orquestra.

mércores, 1 de marzo de 2017

Inesperada festa en Vilarmaior

O sábado foi un día confuso. Tiña pensado ir ata Cedeira para desfrutar de Garibaldi e Cinema, pero oohh... sorpresa, a festa era dentro de carpa pechada e cobrando 5 euros a entrada, así que boitei atrais o plan e quedei na casa.
Eso foi ata que me enterei de que en Vilarmaior estaba La Nueva Phila con escenario celebrando o entroido, así que á 1 e media da mañá estaba de camiño á festa. Cheguei e alí estaba a orquestra rematando o primeiro pase. Fixeron un pequeno descanso para a entrega de premios dos disfraces e de camiño empezou o segundo pase. Este destacouse por música de actualidade, eminentemente do ano pasado e arranxada a baile, pero cun toque persoal da orquestra (non era copiar e pegar dos arranxos canarios), algo que é de agradecer nestes momentos que corren. O final do mesmo fixeron un popurri bastante extenso dos maiores éxitos do Pop-Rock nacional dos 80's que lles quedou bastante ben.
A pesar de poder ver bos xeitos no segundo pase, pois non podo opinar, por que do primeiro pase non vin nada, e seria inxusto facer unha valoración basada en tan pouco tempo visto. Pero as miñas sensacións estiveron á altura das expectativas. Tiña moita confianza nesta orquestra e despois do visto, ainda máis.